jueves, 7 de noviembre de 2013

SOGAMA



No proxecto de Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, presentado pola Xunta de Galicia, e en concreto na Disposición Adicional 21ª, Dous, preténdese a revisión do canon unitario de tratamento por tonelada de lixo, a percibir pola Sociedade Galega de Medio Ambiente, pasando este a alcanzar un importe de 74,64 €/Tonelada métrica tratada, mais IVE.

Na actualidade o importe que abonan os 296 concellos galegos, que utilizan os servizos de SOGAMA, é de 55,91 €/Tonelada métrica tratada, mais IVE, co cal, de aprobarse definitivamente a pretensión da Xunta de Galicia, o canon se incrementaría nun 33,5%.

Xustifica a Xunta este desmedido incremento na caída das primas estatais que percibe SOGAMA pola valorización enerxética dos residuos (incineración de lixo), caída que ten a súa orixe nunha decisión do Goberno Rajoy.
O certo é que, analizando as contas que se recollen no proxecto orzamentario autonómico para o próximo ano, SOGAMA, co novo canon, pasaría de ter perdas no exercicio de 2013 a ter uns beneficios no 2014 de 6.624.160€, despois de impostos.

Non resulta comprensible, nin aceptable que unha sociedade do sector público autonómico galego como SOGAMA, adscrita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas,  na que a Xunta de Galicia ten o 51% do capital social, se plantee, nos tempos de crise  que estamos a sufrir, a prestación dun servizo público, con afán recadatorio, toda vez que o fin da suba non é o de conseguir a  simple cobertura de costos do servizo, senón tamén o de xerar uns inxustificados beneficios, beneficios que serían directamente detraídos dos xa moi empobrecidos petos dos cidadáns.

É de todos coñecido que a práctica totalidade dos concellos están a sufrir unha importante diminución dos seus ingresos, atopándose nunha situación moi delicada que lles ten obrigado a deixar de prestar ós seus veciños algúns servizos moi necesarios. De levarse a cabo este incremento que pretende a Xunta a penuria do municipalismo galego será moitísimo maior.

A Xunta de Galicia, en vez de demandar compensacións ó Goberno central polos recortes que sufrirá SOGAMA nas primas pola coxeneración eléctrica, opta pola solución socialmente mais inxusta: incrementar o canon, obrigando ós Concellos a subir as taxas que deberán abonar os seus veciños pola recollida do lixo.
Resulta insultante a carencia da mais mínima sensibilidade social da que da mostra a Xunta de Galicia do Partido Popular nun asunto como este. Gobernando baixo a fórmula do “ordeno e mando” da as costas ós galegos e castiga dun xeito inmisericorde os seus intereses.

Os Socialistas apostamos por afrontar esta situación dende o diálogo e o respecto institucional entre os poderes locais, representados na FEGAMP,  e o poder autonómico, e demandamos da Sociedade Galega de Medio Ambiente ter cumprido coñecemento da realidade da súa xestión económico financeira e organizativa, así como dos parámetros de eficiencia medio ambiental e ecolóxica que alcanza no tratamento dos residuos que se lle confían.

Por todo o anterior, o Grupo Municipal Socialista de  O  Valadouro, propón ó Pleno municipal a adopción dos seguintes ACORDOS:

1º. Demandar ó Presidente da Xunta de Galicia a urxente retirada da proposta de incremento do canon por tratamento de residuos, recollida na Disposición Adicional 21ª, Dous, do proxecto de Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014.

2º. Demandar ó Presidente da Xunta de Galicia e ó Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias a creación e posta en marcha dunha mesa de negociación, na que, coa presenza e colaboración de SOGAMA, se estuden os custos reais do tratamento de residuos dos concellos.

3º. Dirixirse a todos os Grupos políticos, con representación no Parlamento de Galicia, a fin de que requiran da Xunta de Galicia a realización dunha auditoría externa (económico financeira, recursos humanos, produción, medio ambiental, etc.) da Sociedade Galega de Medio Ambiente, dándose traslado dos seus resultados á totalidade dos concellos que utilicen seus servizos.

4º. Demandar do Presidente da Xunta de Galicia que, para o caso de que non se retire a iniciativa da nova tarifa do canon de tratamento de residuos dos orzamentos autonómicos do 2014, o incremento que sufra o mesmo respecto ó do ano 2013 sexa asumido integramente polo Goberno autonómico, sen repercusión algunha nas transferencias ós concellos.


domingo, 8 de septiembre de 2013

Novo Secretario Xeral do PSdeG

"Comeza un PSdeG máis unido e máis forte. Estou moi satisfeito e quero manifestar a miña enorme gratitude á militancia do PSdeG, porque confirmou cun comportamento absolutamente democrático un proceso magnífico vivido en Galicia. Nunca considerei este proceso como un reto persoal, senón como un reto colectivo: iniciamos un reto colectivo do PSdeG cara á sociedade galega
Quero ter un recoñecemento expreso e sinaladamente para o meu compañeiro Manel Vázquez por presentar unha alternativa e por dar un moibo exemplo durante estes meses de compartir o seu proxecto coa militancia e coa sociedade galega.
Quero tamén expresar o meu compromiso coa militancia e coa sociedade galega, á que nos diriximos con ilusións renovadas e sobre todo confiando nos principios que eu manifestei hai meses, o principio da solidariedade, a xustiza social e a igualdade, que é o que inspirou, o que inspira e o que vai inspirar de forma decidida no futuro a este partido."

sábado, 22 de junio de 2013

miércoles, 5 de junio de 2013

"reafirmarnos no compromiso"

Onte celebrábase a Moción de Censura no Valadouro na que o noso Compañeiro Edmundo Maseda era nomeado Alcalde do Concello.

Na súa quenda de intervención como alcaldable empezou reafirmado o compromiso co cidadáns “estamos hoxe aquí para reafirmarnos no compromiso polos cidadáns de Valadouro”.

Aclarou o abandono que o Goberno do Partido Popular estaba a facer do noso Concello, tamén recalcou que a Moción de Censuro fora a cousa da Moción de Confianza que presentou o Señor Lamela tras presentar por dúas veces os mesmos presupostos.

Recordou tamén o de estes días atrás “se nos acusou de moitas cousas e se usaron palabras malsoantes” referindo indirectamente a cargos do PP Provincial e sen esquecer o Señor Lamela.

“As veces esquecéselle a historia a algunhas persoas” fai 25 anos o PSOE do Valadouro ganara as eleccións Municipais sen embargo quen entrara a gobernar fora o popular Eulogio co apoio doutro partido.


Como probas tras a manipulación que a CRTVG fai no seu reportaxe subimos as gravacións da sesión plenaria, para que quede claro que os aplausos foron provocados pola votación da moción e posterior mente polo xuramento do novo Alcalde.






sábado, 25 de mayo de 2013

Besteiro considera “democrático e xusto”

O secretario xeral lucense cre que é unha decisión “de puro sentido común” despois de que o alcalde presentase unha moción de confianza que non prosperou

O secretario xeral do PSdeG en Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse esta mañá ao acordo de goberno e a moción de censura contra o PP presentada onte no Valadouro, que lle daría a alcaldía aos socialistas no pleno do vindeiro 4 de xuño, como un acordo “positivo, democrático, lexítimo e xusto” e unha decisión “de puro sentido común” despois de que o alcalde popular “presentase unha moción de confianza que non prosperou”.

“O que corresponde nestes casos é ver se os que teñen a maioría, neste caso absoluta, do pleno do Valadouro, son capaces de conformar unha opción de goberno, e neste caso creo que se impón a democracia e sobre todo un proxecto de futuro para o concello”, afirmou Gómez Besteiro, que amosou así o seu apoio a Edmundo Maseda, proposto no acordo entre PSdeG, Udival e BNG como alcalde, e aos compañeiros e compañeiras do grupo socialista da
localidade da Mariña.

jueves, 23 de mayo de 2013

“un acordo para os veciños”


O socialista Edmundo Maseda anunciou a presentación da moción de censura esta mañá tras chegar a un consenso de goberno con Udival e co apoio do BNG, “un acordo feito desde a responsabilidade e o compromiso cos veciños e veciñas, que merecen outra forma de goberno coa que estamos moi ilusionados”


O PSdeG do Valadouro celebra o “acordo para os veciños e veciñas do concello” anunciado esta mañá en rolda de prensa polos tres grupos participantes, despois de presentar ás nove da mañá a moción de censura contra o goberno do PP propiciada pola moción de confianza do alcalde. Os socialistas amosan a súa satisfacción por “un acordo feito desde a responsabilidade e o compromiso cos veciños e veciñas, que merecen outra forma de goberno coa que estamos moi ilusionados”, como apuntou o socialista Edmundo Maseda, que asumirá a alcaldía no vindeiro pleno municipal “tras 25 anos de retroceso do PP no concello”.


Segundo o acordo, que terá que ser ratificado no vindeiro pleno municipal do día 4 de xuño, o PSdeG, ademais da alcaldía, levará as concellerías de Urbanismo; Vivenda e Solo; Medio Rural e Medio Ambiente; Comercio e Turismo; Educación e Deportes; Emprego, Formación e Igualdade, e Recursos Humanos, mentres Udival levará Obras; Servizos Sociais, e Cultura. O BNG apoia a moción de censura pero non entra no equipo de Goberno.

Maseda apunta como obxectivo “o desenrolo económico da zona e a potenciación dos recursos naturais, para que O Valadouro sexa un concello no que se poida vivir e traballar”. O socialista reivindicou a posición do Valadouro como “centro da comarca da Mariña”, polo que aposta “por que volva ser unha zona de referencia” e por “loitar contra o despoboamento”. Así, unha das primeiras propostas do PSdeG é a creación e posta en funcionamento dunha entidade de promoción e impulso da agricultura ecolóxica, con
obradoiros de formación que fomenten o autoemprego e o impulso do rural para fixar a poboación. Asimesmo, o PSdeG asumiu diferentes compromisos de desenrolo do concello con Udival e BNG plasmados nun acordo conxunto.

Os tres asinantes da moción de censura acordaron crear unha Comisión de Seguimento dos acordos programáticos tomados, coa función de analizar o seu cumprimento. Estará formada por un portavoz por grupo e reunirase cada catro meses, ou antes a petición de calquera dos integrantes, tendo estes a potestade de levar cadanseu observador. “Nesta negociación démonos conta de que temos moitas cousas que nos unen, sobre todo o compromiso cos veciños e veciñas do Valadouro, por iso queremos poñer todos os mecanismos para empezar unha nova etapa na que se cumpran todos os nosos obxectivos, sempre e cando os orzamentos e a colaboración coas demais institucións o permitan”, afirma Edmundo Maseda.

jueves, 18 de abril de 2013

Camiño da Cruz


En  varias  ocasións, o  grupo  socialista,  por  medio  de  propostas,  rogos  e  preguntas,  conversas etc, con  a  actual  Alcaldía, así  como  iniciativas   en  pasadas  lexislaturas,  ben   reclamando  a  necesidade  de  urbanizar  o  chamado  camiño  da  cruz,  dende  a  Av.  de  Viveiro  ata  a  Avda.  da  Costa.

Estamos  convencidos  de  que  dita  urbanización  e  imprescindible  para  desconxestionar  o  tráfico  de  entrada  a  Vila  de Ferreira   pola  Av  da  Costa,  derivando   o  tráfico  de  entrada  que  se  dirixe  a  zona  do  Colexio ,  Casa  da  Cultura    e   da  Terceira  Idade,  así   como  a  zona  comercial  da   Av.  de  Viveiro,  sen  ter  que  pasar  pola  Ponte.

O  estado   actual  do  firme,  a  estreitez   da   vía ,  as   curvas,  o  enlace  na  Ponte  da  Alaxe,  fan   do  traxecto  unha  aventura   non  exenta  de  certo  perigo,  tanto  para  os   vehículos  coma  para  os   peóns.
Consideramos   necesario  pois   que  a  urbanización  deste   tramo   de  vía,  e  necesario,  e  importante, y   é   razoable  a  execución   desta  obra.

Considerando  que  o  momento  económico  do  Concello  e   favorable,  e  a  obra  de  verdadeira   necesidade,  o portavoz do grupo  municipal  socialista, Edmundo Maseda  propoñerá  a  o  Pleno   da  Corporación  a  adopción  dos  seguinte   acordo:
     
- Iniciar   os  tramites  necesarios, a   redacción  dos  proxectos  reglamentarios  y  todas   as  xestións   e  actuacións   necesarias   para  iniciar   este  ano  2013  a  urbanización  do  “camiño  da  cruz”.

-Facultar  o  Sr.  Alcalde  Presidente  da  Corporación  Municipal, para  a   realización  das  devanditas   xestións.

martes, 16 de abril de 2013

Abandono do Centro de Saúde


O  goberno  do  PP  e  o  Sr.  Feijoo  o  fronte   da  Xunta  de  Galicia,  demostra  unha  vez  mais,  e  de   forma  ben  visible,  que  a  súa  política  de  recortes, non  só  non  soluciona  os  problemas   da  sociedade  galega, si non  que  o  que  fai  e  causar  graves  prexuízos  os  cidadáns. Esta  vez,  os  usuarios  do  sistema  galego  de  saúde, e  unha  vez  mais,  os  cidadáns  do  Valadouro.

A  Xunta  e  o  goberno  do  PP,  chegan  a  os  limites  mais  insospeitados,  reducindo  á mínima  expresión    o  mantemento  das  instalacións  onde   se  deberan  prestar  os  servizos  de  atención   sanitaria,  deixando  estes   en  completo  abandono.        

O  centro  de  saúde  de  Valadouro,  sufre,  dende  fai   moitos  meses,(mais  de 9 )  este  abandono.
O  deterioro  da  cuberta  e xá  preocupante, con  goteiras  que  ameazan  mesmo  a  algúns  equipos  informáticos  do  Centro.

O  servizo  de  señoras   esta  avariado  e  pechado  con  chave  dende  fai   3  meses.
Os  usuarios   do  Centro  de  Saúde,  na  súa   gran  parte  persoas  maiores,  non  se  merecen,  despois   de  toda  unha  vida  pagando  a  Seguridade  Social ,  un  Centro  de  Saúde  nestas  condicións,  nin  un   goberno  que   os   deixe  abandoados  desta  maneira.

Por  todo  isto,   propoñemos   o  Pleno   da  Corporación  Municipal  a   adopción  do  seguinte   acordo:

.-Declarar   este  asunto  de  extrema  urxencia   e  necesidade.
.-Esixir   a   Xunta   de  Galicia,  a   traveso  da  Consellería  que  mellor  proceda,  o  arranxo                 inmediato  das  deficiencias  do  Centro  de  Saúde  de  Valadouro,  as  mencionadas,  e  as   que  puideran  detectarse  unha   revisión  axeitada   do  estado  de  conservación  das   instalacións.
.- Que   dita  revisión  e   reparación  se  faga  de  forma  inmediata   e  urxente.
.-Que  o  Alcalde   Presidente  da  Corporación  Municipal  se  poña  mans  o  asunto inmediatamente,  facultándoo   para   a   realización  de  cantas   xestións   e  actuacións   fosen   precisas   para   resolver   este  asunto  “XA”.

miércoles, 20 de marzo de 2013